Tuesday 23 de April de 2024

Día Mundial Contra o Cancro en Cariño


A Xunta Local da AECC de Cariño organiza para este domingo, 5 de febreiro, a actividade ‘Lazos humanos solidarios’, unha actividade que terá lugar no paseo marítimo, en fronte ao Campín, a partir das 12 horas para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro.

Desde a AECC de Cariño animan aos asistentes para acudir cunha peza verde para formar parte do lazo humano, representando a loita contra o cancro.

Ademais, na noite do 4 ao 5 de febreiro o Concello iluminará a fachada da casa do concello co obxectivo de visibilizar esta xornada.